Friday 03 de May de 2024

O Concello celebra a Semana das Letras Galegas cunha chea de actividades lúdicas e culturais


Música, poesía, danza, teatro, contacontos, artesanía, cinema, banda deseñada, ciencia e literatura conforman unha programación aberta a todos os públicos

Sés, Radio Océano, Moura, Abraham Cupeiro, Brais Morais & Nasaunfunk e Xurxo Fernandes protagonizarán concertos, todos de balde

Xurxo Souto levará a cabo diferentes rutas urbanas nas que falará sobre a cidade mesturando literatura, historia e música

As bibliotecas municipais desenvolverán desde este venres unha extensa programación de actividades especiais

O Concello da Coruña desenvolverá desde este venres a Semana das Letras Galegas cunha chea de actividades culturais e lúdicas nas que se mesturará música, danza, poesía, teatro, artesanía, ciencia, literatura e outras moitas disciplinas artísticas e literarias que permitirán amosar os traballos, espectáculos e produtos dos creadores e creadoras coruñesas, coincidindo coa celebración o 17 de maio do Días das Letras Galegas.

O Concello celebrará do 12 ao 19 unha semana das letras e as artes para amosar a creatividade e a produción cultural contemporánea dos creadores e creadoras locais, artellando un programa de actividades aberto a todos os públicos e que permita resaltar o carácter culturalmente vivo, innovador, participativo e divertido da Coruña.

A programación permitirá, desta maneira, ademais de celebrar con múltiples actividades o Día das Letras Galegas, darlle un novo pulo ao talento e a oferta artística, creativa e cultural que se produce na cidade. Para iso haberá un programa variado e completo que mestura música, poesía, danza, teatro, contacontos, artesanía, cinema, banda deseñada, ciencia e literatura, que se complementarán con iniciativas como mercados de artesanía, ademais doutras moitas vencelladas ao mundo dos libros, cómics e discos, complementadas con charlas e presentacións, obradoiros e rutas urbanas.

Entre as actividades previstas destacan a programación de diferentes concertos musicais, abertos ao público. Xurxo Fernandes e Radio Oceáno o sábado 13, Brais Morán & Nasaufunk e Moura o domingo 14, Sés, o martes 16 e Abraham Cupeiro, o venres 19, serán os protagonistas das actuacións, que se complementarán con diversos espectáculos de música tradicional.

Tamén haberá charlas e entrevistas abertas a personalidades como Emma Lustres, Jorge Coira, a propia Sés, Yolanda Castaño e María Yañez, que serán algunhas das protagonistas dos faladoiros que se desenvolverán ao longo da semana.

Promovidos polo Servizo de Normalización Lingüística e a Área de Cultura haberá esta fin de semana dúas rutas urbanas dirixidas por Xurxo Souto. As andainas, guiadas polo músico e escritor, e tituladas “O retorno dos homes mariños. Contos da cidade barco”, terán lugar o sábado 13 de maio de 19.00 a 21.00 horas e o domingo 14 de 11.30 a 13.30 horas. Souto falará nelas da Coruña mesturando literatura, historia e música. Para poder asistir a estas rutas será necesaria unha inscrición por correo electrónico no enderezo inscricionslingua@coruna.gal. Unha vez confirmada a inscrición facilitarase o punto de saída da ruta. Hai dispoñibles 50 prazas e as inscricións están xa abertas ata o día 12 ás 15.00 horas ou ata esgotalas.

Da mesma maneira, baixo o lema “Sinte en galego: Letras Galegas 2023”, as bibliotecas municipais programan desde o venres 12 un feixe de actividades ao longo dunha semana que terá como colofón o concerto do ÁgoraSon Primavera “Os sons esquecidos”, con Abraham Cupeiro, o venres 19 de maio, onde colaborando co Servizo de Normalización Lingüística poñen ao dispor do público as entradas nos seus mostradores coa retirada de calquera material en galego dispoñible nas bibliotecas.

As bibliotecas visibilizan así o compromiso coa lingua e a literatura galega, pero estes días en especial ofertarán contacontos, monicreques, obradoiros para diversas idades, onde contarán con artistas como Caxoto, Pablo Pablísimo ou Raquel Queizás, entre outros. Tamén haberá mostras para amosar os recursos bibliográficos e audiovisuais galegos que están dispoñibles nos seus andeis e canles dixitais, onde estará activo ademais o concurso “Chío de Letras” na rede social Twitter, co que queren animar a empregar o galego tamén en redes sociais, co uso de chíos dun máximo de 280 caracteres. O concurso estará activo ata o propio 17 de maio durante todo o día. As bases ampliando información sobre o concurso publicitaranse no perfil de Twitter das bibliotecas municipais, ao longo do venres 12 de maio, e a partir dese momento xa será posible participar.

Programación
Viernes 12
Biblioteca Os Rosales. 18:00h. Espectáculo Raio de Loubicán, co teatro de títeres
Mircromina (3-8 anos).
Sábado 13
Biblioteca Sagrada Familia. 11.00h. Obradoiro O Gran Xogo das Letras, con Patricia
Martínez (8-12 anos).
Xardíns de Méndez Núñez
11:00h-14:30h | 17:30h -21:00h: Mercado de artesanía, libros, cómics e discos.
11:30h-13:00h. Obradoiro: Iniciación á Ilustración para público infantil, por Paula Esteban.
11:30h. Faladoiro: O entrelazamento: a ciencia do poema. Charla con Estíbaliz Espinosa.
13:00h. Sesión vermú con Xurxo Fernándes – Levaino!

18:00h. Faladoiro: Intelixencia artificial ou natural? O impacto da IA nas profesións creativas, con Manel Cráneo, Tomás Conde e Santy Gutiérrez.
18:00h-21:00h. Obradoiro: Tecer cos dedos (3 quendas de 1h).
19:30h. Faladoiro: A Coruña plató. Ana Cermeño conversa con Emma Lustres e Jorge Coira.
19:00h-21:00h. Ruta urbana con Xurxo Souto: O retorno dos homes mariños.
Contos da Cidade Barco.
21:00h. Concerto: Radio Océano.
Domingo 14
Xardíns de Méndez Núñez
11:00h-14:30h | 17:30h -21:00h: Mercado de artesanía, libros, cómics e discos.
11:30h-12:30h. Obradoiro: Estampación téxtil con tintes naturais.
11:30h. Faladoiro: A Poesía non morde. Charla con Yolanda Castaño.
11:30h-13:30h: Ruta urbana con Xurxo Souto: O retorno dos homes mariños.
Contos da Cidade Barco (punto de encontro Palco da Música).
13:00h. Sesión vermú con Brais Morán & NASAUFUNK
18:00h. Faladoiro: Películas, revistas e cousas de internet, con María Yáñez.
18:00h-21:00h. Obradoiro: Fabricación de xoguete artesanal (3 quendas de 1h).
19:30h. Faladoiro: A Coruña e as Letras. Luís Pousa conversa con Yolanda Castaño e Xesús Fraga.
20:30h. Concerto: MOURA.

Luns 15
Biblioteca Monte Alto. 18:00h. Obradoiro. Biografía ilustrada sobre Francisco Fernández del Riego, con Sheila García Prado (8-12 anos).
Martes 16
Biblioteca Durán Loriga. 18:00h. Encontro-obradoiro. Pequena Fauna do Cantigueiro de Cotobade: cantigas, debuxos e pandeiretas, con David Carballal (5-12 anos).
Xardíns de Méndez Núñez
18:00h-21:00h. Obradoiro: Elaboración de flores de coiro.
19:30h. Faladoiro: A Coruña é música. Javier Becerra entrevista a Sés.
21:00h. Concerto: Sés
Mércores 17. Día das Letras Galegas.
Xardíns de Méndez Núñez
11:00h. Actuación da Aturuxo A.F.
11:30h. Actuación da A.C. Donaire.
12:00h. Actuación da A.C.Son D´Aquí.
12:30h. Lectura pública de textos de Francisco Fernández del Riego.
13:00h. Actuación de Cántigas da Terra.
13:30h. Faladoiro: Espectáculo poético musical: Chulísima con aldaolado.

18:00h. Faladoiro: A Coruña Literaria, presentada pola A.C. Alexandre Bóveda.
Participan Carmela Galego, Jorge Castro e Mª Xosé Bravo.
18:00h-21:00h. Obradoiro: Realización de pulseiras de coiro (2 quendas).
19:30h. Faladoiro: A Cidade. Marta Otero e Lois Alcayde conversan con Felipe Senén e Xosé Alfeirán.
20:30h. Faladoiro: Espectáculo poético musical: Lúa Mosquetera (acompañada de Pablo Seijas).
Xoves 18
Biblioteca Castrillón. 18:00h. Contacontos O Paroleiro, con Pablo Pablísimo (4-8 anos).
Biblioteca Ágora. 18:00h. Contacontos. Romaría, contos e lendas da nosa terra, con Raquel Queizás. (3-8 anos).